UNINOVA, (Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.) é unha Sociedade Limitada participada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Concello compostelán, que naceu co obxectivo de promover a creación de empresas innovadoras de base tecnolóxica que xorden de proxectos de investigación e desenvolvemento (I+D) da USC.
Froito dunha cultura empresarial innovadora, UNINOVA, nútrese da investigación máis punteira para levar adiante proxectos de base tecnolóxica; mantendo así un continuo feed-back coa Universidade Compostelá para unha identificación inmediata das iniciativas con maior proxección.
UNINOVA forma parte do Plan UNIEMPRENDE, onde se perfilan as liñas de actuación da Universidade de Santiago de Compostela cara ao fomento da iniciativa empresarial dentro da comunidade universitaria.
© 2011 Incuba.t é un proxecto de UNINOVA, Todos os dereitos reservados - Información Legal | Accesibilidade | Contacta con nós